Publicador de contidos
Publicador de contidos

A próxima OPE educativa da Xunta consta de 520 prazas en primaria e infantil e 875 en secundaria

A próxima OPE educativa da Xunta consta de 520 prazas en primaria e infantil e 875 en secundaria

Do total de 1.743 prazas, 200 son de promoción interna e 123 están reservadas para persoas con discapacidade

A Consellería de Educación traslada o borrador coa oferta aos sindicatos para abordalo o vindeiro martes na mesa sectorial

G24.gal 10/01/2024 12:09

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades enviou aos sindicatos da mesa sectorial docente unha proposta coa oferta da súa próxima oferta pública de emprego (OPE) para este ano. Constará dun total de 1.743 prazas, se se suman as da taxa de reposición -que substitúen baixas producidas por causas como xubilacións- e as de promoción interna, segundo consta no documento recollido por Europa Press.

Así, o groso da OPE son as 520 prazas ofertadas para o corpo de mestres de educación infantil e primaria, e as 777 de profesores de secundaria, que dan clase en ESO, bacharelato e Formación Profesional. Ademais, hai outras 57 do corpo de profesores en sectores singulares de FP e mais outras 33 para as escolas oficiais de idiomas.

Xunto a estas, a Consellería convocará máis de 200 de promoción interna: 200 para que profesores de secundaria pasen do subgrupo A2 ao A1 e mais 11 para acceder ao corpo de inspectores educativos. De todas as prazas mencionadas, hai 123 reservadas para persoas con discapacidade.

A oferta será abordada cos sindicatos CIG, CCOO, ANPE e UXT nunha mesa sectorial convocada para o vindeiro martes, 16 de xaneiro, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago.

Fontes das organizacións consultadas por Europa Press xa manifestaron as súas críticas por trasladarlles a listaxe de vacantes e o proxecto de decreto da OPE sen consulta previa.

As taxas para participar no proceso, sen ter en conta descontos previstos por diferentes causas -como discapacidade e familia numerosa-, son de 38,02 euros para mestres e profesores de sectores singulares de FP e de 44,17 euros para o resto.

Listaxe por especialidades

Por especialidades, as 520 prazas de mestres distribúense como segue:

-Educación Infantil: 50

-Inglés: 65

-Francés: 50

-Educación Física: 40

-Música: 20

-Pedagoxía Terapéutica: 110

-Audición e Linguaxe: 80

-Educación Primaria: 105

Por outra banda, as 875 vacantes de profesores de secundaria correspóndense ás seguintes especialidades:

-Filosofía: 24

-Latín: 10

-Lingua Castelá e Literatura: 36

-Xeografía e Historia: 29

-Matemáticas: 24

-Física e Química: 20

-Bioloxía e Xeoloxía: 10

-Debuxo: 15

-Francés: 10

-Inglés: 80

-Música: 10

-Educación Física: 46

-Orientación Educativa: 21

-Tecnoloxía: 60

-Lingua Galega e Literatura: 80

-Economía: 22

-Administracións de Empresas: 15

-Formación e Orientación Laboral: 20

-Informática: 50

-Intervención Sociocomunitaria: 22

-Organización e Xestión Comercial: 17

-Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos: 19

-Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica: 20

-Procesos de Produción Agraria: 11

-Sistemas Electrotécnicos e Automáticos: 16

-Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos: 10

-Instalacións Electrotécnicas: 18

-Operacións e Equipamentos de Produción Agraria: 10

-Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico: 13

-Procedementos Sanitarios e Asistenciais: 18

-Procedementos Comerciais: 11

-Procesos de Xestión Administrativa: 25

-Sistemas e Aplicacións Informáticas: 65

-Equipos Electrónicos: 18

En canto aos especialistas en sectores singulares de FP, distribúense desta maneira:

-Cociña e Pastelería: 10

-Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble: 11

-Mantemento de Vehículos: 25

-Mecanizado e Mantemento de Máquinas: 28

-Soldadura: 10

Finalmente, nas escolas oficiais de idiomas convócanse 33 prazas:

-Francés: 11

-Galego: 7

-Inglés: 15

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade