Abatido a tiros tras matar o irmán, reter a nai e ferir cinco mossos, tres deles graves
O home atrincheirouse na casa coa súa nai e un irmán, que apareceu morto
Durante un intercambio de disparos, cinco mossos foron feridos, tres deles de gravidade

Os Mossos d'Esquadra abateron esta madrugada un home que presuntamente asasinou a outro tras atrincheirarse nunha casa de Calldetenes (Barcelona). Posteriormente abriu fogo contra os axentes, cinco dos cales foron feridos, tres de gravidade.
Segundo informou a policía catalá, o home abatido atrincheirouse na súa casa de madrugada cunha arma de fogo, e tiña retidas a súa nai e ao seu irmán, que finalmente foi achado morto.
Os Mossos d'Esquadra mobilizaron varias patrullas do Grupo Especial de Intervención (GEI) e axentes do servizo de mediación para tentar que o home depuxese a súa actitude, pero este reaccionou con hostilidade ante os axentes e abriu fogo contra eles.
Posteriormente, oentraron na casa, liberaron a muller que estaba retida e acharon o cadáver dun home con impactos de bala.
Os axentes feridos foron trasladados a centros hospitalarios. A División de Investigación Criminal (DEC) dos Mossos d'Esquadra fíxose cargo da investigación.