Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prealerta por seca podería declararse no Miño en setembro

A prealerta por seca podería declararse no Miño en setembro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pide un uso responsable da auga para facer fronte á escaseza no ano máis seco da serie histórica

G24.gal 05/08/2022 21:14

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil advirte que a seca dura xa moito tempo e as súas consecuencias son moi serias. Na conca do Sil xa están en prealerta por seca e Quiroga avisa de que, se non chove, no Miño poden chegar a esa situación en setembro. 

José Antonio Quiroga pídelles aos concellos das zonas máis afectadas que vaian pensando en aplicar posibles restricións no abastecemento.

Quiroga reclámalles aos gobernos locais que controlen o bo uso da auga, vixiando tanto os sistemas de regadío como os enganches ilegais á rede.

A Confederación traballará cos concellos con moita gandería nun plan para autorizar ás granxas a captar temporalmente auga dos acuíferos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar