Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praza do Obradoiro, elixida entre as máis fermosas e atractivas de Europa

A praza do Obradoiro, elixida entre as máis fermosas e atractivas de Europa

A votación fíxose entre os usuarios dun portal de turismo

G24.gal 28/10/2022 21:33 Última actualización 28/10/2022 21:41

Cidades de toda Europa teñen prazas famosas, pero non con engado. O Obradoiro si que o ten, xunto á praza de España en Sevilla, as prazas maiores de Madrid e Salamanca e outras once doutros países completa a lista das máis fermosas e atractivas de Europa que elixiron os usuarios dun prestixioso buscador de servizos turísticos.

Os que a visitaban este venres estaban totalmente de acordo co resultado da votación.

Máis que a arquitectura, destacan o cúmulo de emocións que se desatan ao chegar á meta de todos os camiños de Santiago que mesmo arrinca bágoas a moitos. 

Non hai día, chova ou vente, que o Obradoiro non estea ateigada de visitantes, paseándoa, admirándoa coa boca aberta e quitando miles de fotos que logo aparecerán nas redes sociais de todas as nacionalidades que por aquí pasan.

Distintas épocas e estilos que fan viaxar por séculos de historia nunha das prazas con máis sentimento de Europa. Algo que os galegos xa sabiamos de vello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade