Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 75 % dos adolescentes non dorme o necesario

O 75 % dos adolescentes non dorme o necesario

Moitos dos problemas físicos e mentais durante a adolescencia derivan da falta de descanso

Só un 10 % se deita antes das 22:30

A falta de sono afecta directamente o rendemento académico


 

As pantallas son as grandes inimigas do sono
G24.gal 13/05/2025 14:51

Que pasa durante a adolescencia?

"Necesitamos durmir máis horas, o corpo pídenos ir á cama máis tarde, entón hai como esa incongruencia", responde a psicóloga Libertad Culebras.

E iso é un problema que afecta cada día a máis adolescentes. 

"Se teño tempo libre, prefiro non durmir".

 "Ao final distráiome moitísimo e alongo moito o momento de ir durmir", conta a rapazada.

Hai 10 anos preocupaba que un 25 % dos adolescentes non durmise o necesario. Agora a cifra é máis alarmante, chega xa ao 75 %. Pero non todos pensan que durmir sexa unha perda de tempo.

"Importantísimo, para funcionar eu, mínimo, 7 horas diarias", apunta unha moza.

Non durmir pasa factura, e eles nótano, aínda que lles custe recoñecelo.

 "Si que afecta no meu carácter, de ter menos paciencia".

"Cando durmo menos non son tan produtiva", comentan.

Nas consultas aténdense moitos problemas que se asocian coa falta de descanso. Bruxismo, cefaleas e fatiga persistente que afecta mesmo á relación cos demais.

 "Irascibilidade, desconfianza, malestar, ese cansazo pódelles facer sentir aburrimento, tristeza. É fácil confundir esas emocións", explica a psicóloga.

A falta de sono é un indicador que salta sempre nas consultas cando hai un malestar emocional. Afecta tamén á concentración e, polo tanto, ao rendemento académico.

"Totalmente, afecta á concentración e afecta ao recordo. De nada serve estar chapando durante todo o día se ti despois non tes un tempo de descanso e de asimilación, iso é o que nos pasa durante a noite. O sono é fundamental, fundamental nos estudos. Iso é insalvable, refírome a que iso ten que quedar aí sen tocar, ese tempo de durmir", conclúe Libertad Culebras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade