Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Pontevedrada, unha andaina solidaria para promover a doazón de sangue e órganos

A Pontevedrada, unha andaina solidaria para promover a doazón de sangue e órganos

Máis de 1200 participantes percorreron a pé os 67 km entre Pontevedra e Santiago

Os hospitais galegos realizaron case 300 transplantes de órganos o ano pasado

G24.gal 24/04/2022 11:52

 

A Pontevedrada é unha andaina solidaria para fomentar a doazón de sangue e de órganos. Os 1200 inscritos saíron onte á tarde con destino a Santiago cunha mensaxe clara.

"Fan falla 500 doazóns de sangue aó día para sacar adiante a programación cirúrxica dos hospitais galegos, por iso é unha necesidade constante lembralle á poboación que doe, que doe e que doe",  explica  Raul Álvarez, impulsor da Pontevedrada.

A importancia da doazón demóstrase en casos como o de Javier, que pode facer unha vida normal grazas á medula que recibiu.

"Atopou unha medula compatible e afortunadamente acabaou moi ben a historia, explica Susana Cerviño", nai de Javier.

A Nuria o ril que recibiu hai 5 anos deixoulle de funcionar. Agora está a espera dun novo órgano procedente dun doador vivo.

"É unha cousa que recibes con moito amor, sabes que os teus amigos son amigos de verdade, pero dá moito medo”, explica Nuria Cruz, receptora dunha doazón.

O ano pasado realizáronse case 300 transplantes de órganos nos hospitais galegos. Desde a Asociación amigos da Pontevedrada din que seguen facendo falla máis doazóns

Din que España está á cabeza de doadores, e a min pónseme un bo sorriso, pero segue morrendo xente, e mentres siga morrendo xente é un fracaso como sociedade", asegura Francisco Pérez, presidente da Asociación de amigos da Pontevedrada 

Desde 1981, ano do primeiro trasplante nun hospital galegop, fixeronse en Galicia case 9 mil transplantes de órganos. Con esta macha queren lembrar que a doazón é una necesidade constante que segue salvando vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade