Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional busca un home que roubou nun comercio da Coruña

A Policía Nacional busca un home que roubou nun comercio da Coruña

Levou os cartos da caixa e varios obxectos de valor

G24.gal 12/07/2022 13:51

O ladrón fixo un burato na porta de cristal e accedeu ao interior do negocio. Sen perder un intre, remexeu nalgunha caixa e xa foi á procura dos cartos que había na caixa rexistradora e de varios obxectos de pequeno tamaño doados de gardar.

Madjid Reza, o propietario da tenda, calcula que a perda ascende aos 400 euros, aos que lles hai que sumar os estragos que causou o delincuente. E cre que o asalto ao seu negocio aconteceu coas primeiras luces do día. Agora, a Policía Nacional anda á procura do ladrón para poder prendelo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade