Cargando resultados...
Localizan o corpo sen vida de Juana Canal, desaparecida en Madrid hai case dúas décadas
Os investigadores tratan de esclarecer agora que pasou, tras acharen os restos a 110 quilómetros do lugar en que foi vista por última vez

G24.gal
30/06/2022 08:50
A policía localiza o corpo sen vida de Juana Canal, unha muller desaparecida en Madrid hai case dúas décadas. Tiña 38 anos no momento da súa desaparición, en febreiro de 2003.
Desapareceu en estrañas circunstancias. Tras pasar a noite fóra, o seu fillo chegou á casa e atopou unha nota do que era daquela parella da súa nai que dicía que se fora despois de discutir con el.
Os investigadores tratan de esclarecer agora que pasou, tras acharen os restos a 110 quilómetros do lugar en que foi vista por última vez.