Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía dá por pechado o operativo que interceptou un pesqueiro con cocaína fronte ás Cíes

A policía dá por pechado o operativo que interceptou un pesqueiro con cocaína fronte ás Cíes

Os catro detidos declararán por videoconferencia ante o xuíz da Audiencia Nacional que leva o caso, previsiblemente este xoves

G24.gal 13/09/2023 12:31

A Policía Nacional dá por rematada a operación que permitiu interceptar un pesqueiro que se dirixía ás Rías Baixas con 2.000 quilos de cocaína. Tras a descarga da droga no porto de Vigo, nas últimas horas procedeuse ao rexistro do domicilio na Coruña do patrón do buque, detido xunto cos outros tres tripulantes.

Os corpos especiais de loita contra o narcotráfico, coordinados pola Audiencia Nacional continúan investigando. O xuíz vaille tomar declaración a través de videoconferencia aos 4 detidos, a tripulación do pesqueiro, previsiblemente maña. Deste xeito non será preciso que sexan trasladados a Madrid.

Eses 4 tripulantes: dous albaneses, un caboverdiano e un galego seguen nos calabozos da comisaria de policía en Vigo. Dende a chegada do barco, na madrugada de onte, so saíron para acompañar os axentes da brigada central de estupefacientes no rexistro do pesqueiro e na descarga da droga. 

Mentres o tempo pasa completando a investigacións sobre esta operación que conseguiu sacar do mercado ilícito 2.300 quilos de cocaína repartidos en 84 fardos. Viñan a bordo dun pesqueiro de apenas 12 metros de eslora, o Bestarruza, con base en Ferrol.

Foi abordado por forzas policiais cun remolcador preto de costa nas Rias Baixas, pero segundo indican dende a investigación, collería a droga en alta mar doutro barco subministrador que a trasladaría previsiblemente dalgún porto de Suramérica.

A operación está dirixida dende a Audiencia Nacional e impulsada pola Fiscalía deste tribunal. Da investigación encárganse axentes especializados da UDYCO e dos GRECO.

Trátase do terceiro gran golpe ao narcotráfico con ramificacións en Galicia este verán. En xullo foi interceptado un pesqueiro preto de Cabo Verde con media tonelada de cocaína, apresamento que se completou con máis de 20 arrestos en terra. En agosto, outro pesqueiro foi apresado con 1.300 quilos da mesma droga na costa de Camariñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade