Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Petrel I desembarca en Vigo 12 detidos e case media tonelada de cocaína

O Petrel I desembarca en Vigo 12 detidos e case media tonelada de cocaína

O barco afundiuse por acción da tripulación, así que non se sabe canta droga levaba a bordo

A embarcación viña de Cabo Verde a España

G24.gal 31/07/2023 19:41 Última actualización 31/07/2023 22:48

O buque de operacións especiais Petrel I do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria chegou este luns a Vigo con doce detidos e case media tonelada de cocaína tras unha operación en augas de Cabo Verde.

A operación, desenvolvida conxuntamente coa Brigada Central de Estupefacientes (Udyco) da Policía Nacional consistiu na abordaxe dun barco pesqueiro, que se afundiu en augas do Atlántico, posiblemente a causa da acción da tripulación.

De momento non transcendeu a nacionalidade dos membros da tripulación do barco pesqueiro,  nin a cantidade de droga que levaba a bordo.

Sábese que se dirixía a costas españolas. A Vigo, segundo fontes da investigación, chegaron uns 400 quilos de cocaína.

A investigación está en mans da Policía Nacional e, nestes momentos, os axentes están aínda no Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade