Cargando resultados...
A policía busca o autor dun acoitelamento a un mozo nun bar de Ourense
Tanto a vítima como o presunto agresor son compañeiros de clase e maiores de idade
Polo momento descoñécese o motivo da agresión
G24.gal
10/12/2021 14:29
O suceso tivo lugar a primeira hora da mañá deste venres. A vítima, duns 20 anos, estaba a tomar algo na terraza dun bar na zona da Carballeira con outros compañeiros cando apareceu o presunto agresor e o acoitelou nas costas.
Tras a agresión fuxiu. As forzas de seguridade anda na súa busca. O ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario ourensán onde permanece estable.
Tanto a vítima como o presunto agresor son compañeiros de clase no Centro de Formación Profesional da Carballeira.