Publicador de contidos

Publicador de contidos

A plataforma Ourensividade estuda os factores que inflúen na lonxevidade dos ourensáns

A plataforma Ourensividade estuda os factores que inflúen na lonxevidade dos ourensáns

En Galicia hai preto de 2.000 persoas centenarias

A alimentación, a actividade física e a sociabilidade inflúen positivamente na lonxevidade

G24.gal 08/06/2023 14:35

En Galicia, máis de 2.000 persoas teñen xa os 100 anos feitos, dos que 390 se concentran na provincia de Ourense. Para coñecer os factores que inflúen na lonxevidade dos ourensáns, varios profesionais do sector sociosanitario acaban de crear a plataforma Ourensividade.

Os resultados do estudo servirán para conseguir manter a lonxevidade con calidade de vida nas futuras xeracións.

Con 102 anos, Josefa é unha das 390 persoas centenarias da provincia de Ourense. Unha lonxevidade para a que asegura que non hai segredo.

O segredo da lonxevidade está a ser motivo de estudo por parte da plataforma Ourensividade, na que profesionais sanitarios tratan de coñecer a través da epixenética que factores favorecen esta vida eterna. 

O obxectivo é coñecer en profundidade o xeito e condicións de vida nas que chegaron a centenarios para poder aplicalas nas futuras xeracións. O estudo xa está a desvelar parte do segredo.

Un xeito de vida que converte as persoas centenarias nun patrimonio que hai que preservar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade