Publicador de contidos

Publicador de contidos

A partir do luns, Galicia ofrecerá a vacina da gripe coa cuarta dose da covid

A partir do luns, Galicia ofrecerá a vacina da gripe coa cuarta dose da covid

A nova vacina inclúe as dúas variantes da ómicron

G24.gal 22/09/2022 16:20

O vindeiro luns comeza a campaña para poñer a cuarta dose da vacina contra a covid en residencias. A previsión nestes centros é inmunizar unhas 21.000 persoas en dúas semanas.

Despois, comezaría a vacinación para as persoas de entre 80 e 60 anos, empezando polos de maior idade.

En principio, a inmunización faríase nos vacinódromos, pero os maiores que non poidan asistir poderán poñer a vacina máis tarde nos centros de saúde.

Despois destes grupos de máis risco, será a quenda do persoal sanitario e sociosanitario, así como dos colectivos profesionais de maior risco.

A cuarta dose que se vai administrar este outono conta con protección para dúas variantes da Ómicron (a BA4 e a BA5).

Ademais, nesta campaña da gripe estarán incluídos os nenos menores de cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade