Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pandeireta, máis viva ca nunca

A pandeireta, máis viva ca nunca

As Tanxugueiras contribuíron a visibilizar alén das nosas fronteiras un instrumento que se toca en Galicia desde hai máis de un século

Galicia está chea de asociacións que levan décadas tocando e aprendendo a tocar a pandeireta 

G24.gal 08/02/2022 21:34

A pandeireta leva tocándose en Galicia máis dun século, pero é evidente que o fenómeno das Tanxugueiras reivindica un instrumento de man que ten no país historia, identidade e moita forza. A pandeireta ergueuse no Benidorm Fest e érguese en Galicia cada día da man de homes, mulleres e cativos. 

Do obradoiro onde fixeron as pandeiretas que levaron as Tanxugueiras no festival saen unhas 600 pandeiretas ao mes. Hai xente que quere unha réplica exacta da pandeireta de Aida, Sabela e Olaia, pero o volume de traballo non se cingue só a ese tipo de demandas, xa que desde hai décadas as pandeiretas son un instrumento que goza de moi bo estado de saúde dentro da música tradicional galega. 

Vémolas nos seráns, nas foliadas e, sobre todo, nas moitas asociacións que levan décadas tocando e aprendendo a tocar a pandeireta.

Hai xeracións enteiras que acoden ás asociacións para aprender ou tocar a pandeireta. Son continuadoras, ao igual que As Tanxugueiras, dunha tradición que, lonxe de esmorecer, cada día toca máis alto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade