Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ouxa ameaza os bancos marisqueiros da Arousa

A ouxa ameaza os bancos marisqueiros da Arousa

A ouxa é unha das principais especies depredadoras de bivalbos

Sen depredadores e sen aproveitamento comercial, a ouxa reprodúcese sen control
G24.gal 02/01/2023 14:05

A choiva no só causa problemas en terra. Tamén no mar están a notar as consecuencias das abondosas precipitacións. Na Arousa, coas riadas están a medrar os bancos de ouxas, un peixe parecido a unha raia, que está a danar os bancos marisqueiros.

A presenza de ouxa nos bancos marisqueiros ten dous problemas. O primeiro é que é unha especie protexida, polo que é difícil facer un control da súa poboación, e o segundo é que escolle moi ben a súa comida e vai directamente ás especies que teñen máis valor engadido. 

A ouxa é unha das principais especies depredadoras de bivalbos. Come principalmente berberecho e ameixa, sendo a babosa a súa variedade favorita. Levan unha década causando graves perdas aos mariscadores xa que un dos seus principais sustentos é o marisco que se cultiva nos bancos libres ou nos parques de cultivo. 

Sen depredador natural no interior da ría e sen valor comercial para a súa pesca, a cantidade de individuos foise multiplicando exponencialmente na última década, converténdose nun gran problema.

Din os mariscadores teñen atopado ouxas de máis de dous metros, exemplares xigantescos que se achegan mesmo aos bancos do montón cando a marea está chea, causándonos unha gran desfeita.

Juan José Rial, patrón maior da confraría da Illa de Arousa: "Desprázanse por zonas baixas, no Boído, en Camaxe, na Arnela, e tamén temos constancia de que hai nos lombos do Ulla, en Cambados, Vilaxoán, Vilanova, no Grove. Témolas localizadas por toda a ría. Desfainos os bancos, cando sementas unha zona, sobre todo na primavera e no verán, se che dan cun banco desfano. A cría da ameixa cómena como pipas. Outros peixes que lle afecta ao marisco podes sacalos con artes de pesca ou á man, pero a ouxa é moi difícil de sacar. Se usas artes de pesca vas sacar outras especies, é moi complicado facer un control de depredadores e loitar contra eles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar