Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ONG IAE Rescue en Galicia está lista para viaxar a Marrocos

A ONG IAE Rescue en Galicia está lista para viaxar a Marrocos

Marrocos aínda non solicitou axuda oficial polo que se manteñen en alerta con todo preparado

As construcións derruídas neste terremoto deixan poucos espazos vitais onde poidan quedar superviventes

Imaxe das actividades formativas da delegación galega da ONG IAE Rescue
G24.gal 09/09/2023 21:45 Última actualización 09/09/2023 23:03

A ONG Intervención Axuda e Emerxencias, con delegación en Galicia, está preparada para saír en canto se demande a súa colaboración na busca de persoas en edificios derruídos, se Marrocos o ve necesario.

O seu delegado, Miguel Montero, con experiencia en rescates en terremotos como o de Turquía a primeiros deste ano conta como se preparan por se teñen que saír. 

Desde que este sábado se coñeceu a magnitude do terremoto de Marrocos, a delegación galega da ONG IAE Rescue está lista para partir se é necesaria a súa axuda, xunto cos compañeiros de Valencia e Melilla.

Miguel Montero dirixe o equipo galego e contou como se poñen en marcha en canto son requiridos.

Todos estamos en alerta esperando as vías oficiais. A vía oficial de petición primeiro é do propio país que está sufrindo esa catástrofe. Se non hai unha petición de axuda nós non podemos saír de maneira oficial. Neste caso Marrocos aínda non solicitou axuda e nós seguimos en alerta, que é como temos que estar, preparados os guías, rescatadores e cans con todas as ferramentas que levamos preparadas por se temos que saír en calquera momento.

Miguel xa participou no operativo de Adiyaman en Turquía, onde rescataron con vida tres persoas. Saben que neste terremoto as condicións de rescate son diferentes.

En concreto Marrocos pola información que nós temos ten unhas particularidades un pouco específicas polos materiais de construción que se utilizan: ladrillo, terra, barro... Ese tipo de materiais na maior parte dos casos de ámbito rural en caso de terremoto derrúbanse por completo, deixando poucos ou ningún oco vital, de supervivencia, por iso hai tantos falecementos, tantas mortes. 

O grupo especializado de localización e rescate da delegación galega está composto neste momento por 17 persoas, 8 deles guías caninos cos animais correspondentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade