Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS advirte de que aparecerán máis casos de varíola do mono

A OMS advirte de que aparecerán máis casos de varíola do mono

G24.gal 22/05/2022 14:42 Última actualización 22/05/2022 15:10

A Organización Mudial da Saúde advirte que aparecerán máis casos de
varíola do mono a medida que a vixilancia se estende en lugares non endémicos.

Nos últimos dez días detectáronse preto de cen contaxios nunha ducia de países, entre eles España. Polo momento, o maior número de positivos concéntrase en Madrid.  O conselleiro de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, informa dos datos.

"Son 30 positivos e 40 sospeitas, son os datos que temos a día de hoxe.  Agora é importante encontrar a rastrexabilidade de todos os casos , conseguir os illamentos e intentar frear os contaxios"

Os expertos en saúde pública inciden no illamento dos infectados. Manteñen que a transmisión do virus se produce mediante fluídos, cando hai un contacto físico estreito. Explícao Patricia Guillem, catedrática de Epidemioloxía da Universidade de Valencia.

"Estes líquidos poderían ser dende o sangue a outro tipo de fluídos, fluídos sexuais e os propios fluídos que produce a enfermidade sobre a pel, sobre todo pequenas vesículas como ocorre coa varíola"

As autoridades sanitarias permanecen vixiantes ante a propagación do virus entre persoas que non viaxaron a rexións de África onde a varíola do mono é endemica.  
En Aragón estudan o primeiro caso sospeitoso. Trátase dun home que estivo en contacto con outros confirmados.

Xa son  oito as comunidades, entre elas Galicia que detectaron posibles infectados. En Gran Canaria prosegue a investigación dun festival despois de que se vinculara cunha serie de contaxios en Madrid, Tenerife e Italia. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade