Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación rolda o 100 % na Ribeira Sacra para os días grandes da Semana Santa

A ocupación rolda o 100 % na Ribeira Sacra para os días grandes da Semana Santa

En Galicia as reservas nas casas de turismo rural chegan ata o 70 %

Ourense é a provincia coa mellores previsións de turistas cun 81 %

G24.gal 09/04/2022 15:45

Peregrinar a Santiago, unha opción para estas vacacións. E outra, fuxir á tranquilidade da Ribeira Sacra. Unha alternativa que, segundo os datos de ocupación, foi a escollida por moitos.

Galicia rolda o 70% de ocupación nas casas de turismo rural para esta semana santa. E por provincias, é a de Ourense a que ten máis ocupación, supera o 81%. Pero se nos detemos en destinos concretos, a Ribeira Sacra segue sendo un dos preferidos para os amantes da natureza e o turismo rural.

A ocupación estes días móvese no 80% pero con vistas aos días grandes da Semana Santa, do Xoves Santo ao domingo que vén a previsión achégase ao 100% de ocupación. É un destino solicitado. E este ano, aínda máis co fin das restricións e coa volta de festas coma a do viño de Sober, esta fin de semana, ou a de Quiroga, a vindeira fin de semana. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade