Publicador de contidos

Publicador de contidos

A obriga de xubilar cans pastores leva o descontento aos gandeiros

A obriga de xubilar cans pastores leva o descontento aos gandeiros

O anteproxecto de lei de protección e dereitos dos animais prevé o retiro de cans de caza e pastores 

Bobi coida das vacas de Jorge en Lalín
G24.gal 27/10/2021 14:05

Bobi, de tres anos, é o mastín que teñen Jorge e a súa familia para defender as vacas dos lobos. Ante a posibilidade de ter que xubilar o can como prevé o anteproxecto dos dereitos dos animais, Jorge explica a tarefa do animal e pregúntase que terá que facer con Bobi dentro de catro anos, cando estes cans entran na etapa final da súa vida.

"Víñanme os lobos aí, e cando tiña novelas matábanmas. Metín os mastíns para protexelas algo do lobo. Daquela non sei en que vai consistir o retiro (dos mastíns). Porque os mastíns nesa leira de cinco hectáreas andan por onde queren, está a leira aberta, saen, van dar unha volta por onde queren. A ver, que me digan en que consiste darlle un retiro, porque se o quito de onda as vacas e o meto na casa, morre de pena", conta Jorge.

El pon en cuestión o coñecemento da realidade que ten quen redactou o anteproxecto do Goberno e fai esta comparación coa súa situación de traballador da construción en activo.

"Eu con 66 anos que fago para abril teño que subir aos andamios das obras e andar polo tellados. porque non me retiran ata os 66 longos. Daquela, se quere retirar os mastíns que, practicamente, andan ao seu aire, paréceme xenial".

Con moita sorna e ironía, este veciño de Gresande, en Lalín, que tamén é afeccionado á apicultura e un activo antivelutinas, pregúntase se o seguinte será prohibir a retirada de niños da avéspora asiática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade