Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova normativa para ter galiñeiros na casa tradúcese no abandono desta cría para autoconsumo

A nova normativa para ter galiñeiros na casa tradúcese no abandono desta cría para autoconsumo

A norma obriga a inscribirse nun rexistro oficial para a cría caseira

Nas tendas agrarias din que a venda de aves descendeu un 70 %

G24.gal 06/03/2024 16:04 Última actualización 06/03/2024 16:20

A norma que esixe a regularización da cría caseira de galiñas está facendo que moita xente abandone esta produción tradicional. A esixencia dun rexistro oficial para criar aves na casa está desanimando moitos produtores

Nesta época do ano é cando empeza a maior venda de galiñas para repoñer nos galiñeiros, pero este ano a realidade está sendo moi distinta. Segundo a Asociación de tendas agrarias, a venda de aves reduciuse nun 70 % con respecto ao ano pasado e pon en risco o futuro de dous mil negocios. 

A razón é que as tendas agrarias non poden vender animais a quen non teña dado de alta o seu galiñeiro co correspondente rexistro de explotación que debe tramitar nas delegacións do Medio Rural. Desde a Asociación de Tendas Agrícolas din que os obxectivos de control sanitario que se buscan co rexistro xa estaban garantidos coa normativa previa.

Por iso piden que se adapte a normativa aos usos e costumes do país ou que se aclare ben como se vai aplicar para non desalentar a produción tradicional para autoconsumo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade