Cargando resultados...
A neve regresou ás montañas de Lugo e Ourense esta fin de semana
Nenos e maiores aproveitaron a xornada para gozar dela no Cebreiro
G24.gal
05/03/2022 20:13
A neve volveu facer acto de presenza nas montañas de Lugo e Ourense. Non caeu moita pero si a suficiente para pasar un bo día en familia.
Esta era a estampa que ofrecía o Cebreiro. Nenos e maiores facendo bonecos de neve e batallas de bólas. O sol saíu e permitiu que gozaran dun día de diversión. Esta noite as temperaturas volverán caer.
No sur de Ourense activarase de novo un aviso amarelo por temperaturas mínimas por debaixo dos catro graos.