A neve cobre o centro e o norte de Europa

En moitos puntos da República Checa a neve alcanzou os 75 centímetros

G24.gal 04/12/2023 13:50

O mes de decembro comezou con frío e neve na maior parte de Europa. As primeiras nevaradas cubriron a capital checa, Praga, e provocaron cortes de tráfico e problemas no aeroporto.

No sur do país centroeuropeo a neve acumulada superou os 75 centímetros.

Tamén neva no norte de Inglaterra, anticipando a chegada do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade