Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve condicionou a circulación en zonas altas de Lugo e Ourense

A neve condicionou a circulación en zonas altas de Lugo e Ourense

Nevarada importante tamén na estación de Manzaneda, que prevé abrir en decembro

G24.gal 03/12/2025 19:35

A neve fixo de novo a súa aparición nas zonas de alta montaña das provincias de Lugo e Ourense este mércores. Un día máis condicionou por momentos a circulación en estradas secundarias de concellos como Pedrafita, Cervantes e Folgoso do Courel, na provincia luguesa. Neste último municipio os servizos da Deputación tiveron que intervir na noite do martes para axudar tres condutores que quedaran atascados.

Malia que non se rexistraron incidencias, a neve influíu tamén na circulación mesmo en vías de alta capacidade como a A-52, na Gudiña.

Importante a cantidade de neve que acumulada xa este mércores na contorna da estación de esquí de Manzaneda, que ten prevista a apertura para este mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade