A música clásica tamén é cousa de nenos
O dúo Índigo interpreta O Entroido dos animais no Museo de Belas Artes da Coruña
O concerto forma parte do ciclo Noites na Cidade Vella, da Fundación Rogelia Groba
Aínda que a música clásica non ten límite de idade, non é frecuente ver un público novo asistindo a concertos. Iso si, hai excepcións, como o recital que ofreceu este mediodía na Coruña o dúo Índigo, dentro do ciclo Noites na Cidade Vella que programa a Fundación Rogelio Groba.
Desde a primeira nota, a fantasía zoolóxica que imaxinou Camille Saint Saëns captou atención do auditorio máis novo. Coa maxestuosa marcha do león comeza O Carnaval dos animais, unha divertida obra instrumental repleta de bestas que reinterpretan ao piano Gema Arias e Vincent Tohier. É un concerto pedagóxico para todos os públicos, pero pensando especialmente para as familias.
"A través da música esta obra trae imaxes moi reales que podes imaxinar: a procesión do león, as tartarugas que bailan o cancán... Son imaxes case cinemaográficas, por iso esta peza é de moi fácil acceso para os nenos e tamén para os pais", explica Vincent.
Os dous pianistas concordan en que faltan máis propostas coma esta, que axuden a conectar a infancia coa música clásica.
"Temos que amosar alegría. Non é un concerto pensado de forma seria e formal. Queremos que a xente participa, que a xente sinta que está nun concerto e que pode dicir algo tamén", engade Gema.
O compositor romántico francés escribiu as súas primeiras pezas de piano aos tres anos e aos sete xa era un célebre concertista. Posiblemente aquel cativo xenial e precoz nunca imaxinou que máis de dous séculos despois, outros nenos gozarían así coa súa música.