A muralla de Lugo celebra 21 anos como monumento Patrimonio da Humanidade
Música, poesía e visitas guiadas ao monumento para conmemorar a distinción
Un antes e un despois para o turismo e para a imaxe da zona vella de Lugo
Con música, con versos do recentemente falecido Darío Xohán Cabana ou tamén con visitas guiadas. Lugueses e visitantes celebraron por todo o alto os 21 anos da muralla romana como ben Patrimonio da Humanidade.
Dúas décadas de luces, pero tamén de sombras na contorna dun monumento que mestura feísmo con arte urbana. As cifras din que o turismo medrou de xeito notable desde a declaración, pero algúns cren que non tanto como debería.
Fai ademais 50 anos do inicio do proceso para derrubar as casas acaroadas ao monumento. Moitas delas nesta emblemática zona da Mosqueira, que pasará a ser peonil agora que a muralla cumpre tamén un século como monumento nacional.