Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Munitis preocúpanlle as dimensións do campo do Cornellá

A Munitis preocúpanlle as dimensións do campo do Cornellá

O adestrador do Lugo, non escondeu a súa satisfacción polo emparellamento co Atlético de Madrid nos dezaseisavos de final da Copa do Rei

G24.gal 15/12/2023 11:33 Última actualización 15/12/2023 11:38

Pedro Munitis, adestrador do Lugo, non escondeu a súa satisfacción polo emparellamento co Atlético de Madrid nos dezaseisavos de final da Copa do Rei, unha eliminatoria a partido único que se xogará no estadio Anxo Carro.

“Fainos moi felices poder darlle á nosa xente un partido como este, cun rival da envergadura do Atlético. Para o club vai supoñer unha inxección económica, e aos xogadores tamén lle fai moita ilusión enfrontarse a algúns dos mellores futbolistas do mundo. O equipo traballouno e gañoullo”, declarou.

O técnico cántabro, con todo, pediu centrarse no “importante” partido desta fin de semana contra a UE Cornellá porque un triunfo podería permitirlles despedir o 2023 inmerso nos postos de promoción de ascenso.

"O partido vai ser moi diferente ao xogado en Copa contra o Mirandés e ao visto no último partido na casa -contra o filial do F. C. Barcelona-. É un campo que vai condicionar porque ten 4 metros menos de amplitude e non sabemos en que estado está. Ademais, a proposta do rival é distinta”, advertiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade