Publicador de contidos

Publicador de contidos

A muller atopada morta no Porriño faleceu por causas naturais, segundo a autopsia

A muller atopada morta no Porriño faleceu por causas naturais, segundo a autopsia

De acordo co informe forense, sufriu unha hemorraxia interna no cerebro

O corpo presentaba, a primeira vista, signos compatibles cunha morte violenta

G24.gal 02/08/2025 12:56 Última actualización 02/08/2025 13:09

A autopsia da muller atopada morta nun piso do Porriño determina que faleceu por causas naturais, segundo informan a EFE fontes da investigación.

De acordo co informe forense, sufriu unha hemorraxia interna no cerebro, polo que a Garda Civil pechará a investigación por morte natural.

O corpo da muller, de 53 anos e natural do Val Miñor, presentaba signos compatibles, a primeira vista, cunha morte violenta, aínda que desde o principio non se descartaba ningunha hipótese.

Foi unha compañeira de piso da vítima a que a localizou sen vida este venres minutos despois das 11:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade