Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño de Tomiño por provocar un incendio forestal en Goián

Investigan un veciño de Tomiño por provocar un incendio forestal en Goián

O home xa contaba con múltiples antecedentes policiais contra a seguridade viaria

Investígase a súa participación noutros 10 incendios entre o 2017 e o 2024

(Garda Civil/Europa Press) (Garda Civil/Europa Press)
G24.gal 18/08/2025 13:22

O Seprona da Garda Civil de Tui detivo un home de 46 anos de Tomiño o pasado venres como presunto autor dun incendio forestal. O detido xa contaba con multitude de antecedentes policiais conta a seguridade viaria.

O incendio ocorreu o 23 de xuño en Goián. Segundo fontes, dende o primeiro momento a investigación apuntaba a un veciño da zona. Ese home tamén o relacionan con outros incendios da zona ocorridos entre o 11 de xuño e o 1 de marzo deste ano.

Ademais, investígase a súa posible participación noutros 10 incendios ocorridos entre o ano 2017 e o ano 2024.

Nalgún caso foi visto por testemuñas nas zonas afectadas. O veciño foi posto en liberdade e as dilixencias foron postas á disposición do Xulgado de Garda de Tui.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade