A mudanza do Leyma ao Coliseum por desbordamento parece inevitable
Epi: "Se hai que marchar, é porque hai apoio social, e iso é moi boa nova para o club e para a cidade"
Hai tolemia co Leyma. Ten 5.300 solicitudes de socios. A chegada á ACB da Coruña ten a culpa. E isto vai impedir, en principio, que Riazor albergue os partidos do Leyma. O Coliseum será a sede. Este recinto ten capacidade para once mil espectadores. Aí xogouse unha Copa do Rei hai varios anos
A marea laranxa asolaga deixa pequeno Riazor. Xa que logo, a mudanza do Leyma por desbordamento parece inevitable.
Epi: "Se hai que marchar é porque hai apoio social e iso é moi boa nova para o club e para a cidade".
"Hai que xogar nun pavillón onde non deixemos fóra a ninguén".
No plano deportivo, vai ser este un verán duro para Diego Epifanio. A competencia na ACB esixe formar un equipo case novo.