A Mostra da Camelia de Rubiáns expón centos de variedades da flor do inverno por excelencia
A mostra congregou preto de trinta expositores de toda Galicia no Centro Sociocultural de Rubiáns, en Vilagarcía
Na XIV edición desta mostra anual renderon homenaxe ao finado Fernado Vila, un veciño que dedicou a vida ao coidado das camelias
A camelia é unha flor procedente do Xapón que se introduciu en Galicia no século XVIII. Cultivada nos pazos e nas casas señoriais, pouco a pouco foise espallando por todo o territorio ata conformar unha gran lexión de afeccionados e coleccionistas.
Moitos deles danse cita esta fin de semana en Rubiáns, na XIV edición da mostra da Camelia que reúne preto de trinta expositores e centos de variedades diferentes da flor do inverno por excelencia.
"Hai moita variedade de camelia e a verdade é que non hai unha camelia que sexa fea, eso desde logo."
"Toda a xente que se encarga todos os anos de facer esto fan un traballo que luce bastante bonito."
A maiores da mostra organizaron un pequeno mercado con todos os productos que se poden obter dunha planta con moitas propiedades.
"Aceites, xabóns tamén, todo o que se pode sacar da camelia non só o té."
"É un aceite moi bo en omega 9 e é un aceite que tamén se pode cocicñar con el porque aguanta moito a temperatura."
Nesta edición renderon unha sentida homenaxe á memoria de Fernando Vila, un veciño de Rubiáns que dedicou a súa vida ao coidado das camelias cunha traxectora avalada por moreas de recoñecementos.