Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os decretos de bacharelato e da ESO van á mesa sectorial de Educación en quince días

Os decretos de bacharelato e da ESO van á mesa sectorial de Educación en quince días

O secretario xeral de Educación asegura que no bacharelato haberá Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia como optativa

José Luis Mira pide que se extremen as precaucións contra a covid tras confirmar que a Xunta aplicará o novo protocolo do Goberno

G24.gal 14/05/2022 10:40

O secretario xeral da Consellería de Educación, José Luis Mira, avanza na Radio Galega que no prazo de quince días se reunirá a Mesa Sectorial de Educación para abordar os decretos cos currículos da ESO e de bacharelato para a súa adaptación á nova Lei de Educación, a LOMLOE.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Mira admite que estaba prevista para a semana que vén pero que é posible que se atrase unha semana para ampliar o tempo de análise

"Na mesa sectorial xa tratamos os decretos de educación infantil e educación primaria. Agora temos pendentes os de educación secundaria e bacharelato, que os fixamos para a próxima semana. Se ben é certo que é posible que a atrasemos uns días máis para darlles máis tempo de análise ás organizacións sindicais, e será seguramente a semana do 23, 24, 25".

Mira tamén confirma que en bacharelato haberá como optativa Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia. Segundo explicou, "incorporamos unha materia que é Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, que figuraba xa na LOMCE e que agora reforzamos cunha carga horaria de catro horas semanais". 

Protocolo da covid

O secretario xeral de Educación asegurou que a Xunta adoptará o novo protocolo do Goberno en materia de covid ao ser "de obrigado cumprimento". "Medidas -recalcou- que son menos restritivas para adaptalas á actual situación epidemiolóxica".

En todo caso e á luz das opinións dalgúns expertos e dos datos, Mira indica que "teremos que ver o que pasa no futuro para tomar as medidas oportunas" polo que lles pide "ás familias e aos responsables dos centros educativos que sigan extremando todas as precaucións posibles". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade