Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza da Mariña pide a construción dunha vía alternativa á N-642

A veciñanza da Mariña pide a construción dunha vía alternativa á N-642

Prevese que a semana que vén ou a seguinte se restableza a circulación con normalidade no treito afectado polas chuvias

G24.gal 28/01/2023 14:43 Última actualización 28/01/2023 18:05

Os técnicos comprobaban este sábado o estado da nacional 642 no punto que houbo que cortar debido á focha creada pola enorme bolsa de auga que se acumulou durante as choivas destas semanas.

Dende a noitiña do domingo o tráfico continúa circulando por un só carril regulado por un semáforo. Parte da veciñanza considera que esta situación debe servir para acelerar a construción dunha vía alternativa.

Estímase que por esta estrada circulan diariamente uns 20.000 vehículos, entre eles numerosos camións cargados con madeira ou que se dirixen a Alcoa e aos portos pesqueiros.

Os mariñaos agardan que a focha active o proxecto da A-74 entre Barreiros e San Cibrao, que enlazaría coa A-8 e que está sen empezar. Tamén reclaman que continúen as obras da vía de alta capacidade entre San Cibrao e Ferrol.

Ambas as dúas vías vertebrarían o norte de Galicia e supoñerían unha alternativa á nacional, onde as obras van continuar, como mínimo, durante unha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade