A lousa verde de Lugo, candidata a Rocha Patrimonio da Humanidade
A proposta de Universidade de Oviedo pretende salvagardar o patrimonio histórico e cultural das edificacións realizadas con estes minerais
A Universidade de Oviedo propón a lousa verde de Lugo como candidata a Rocha Patrimonio da Humanidade, distinción que xa teñen outras composicións minerais como o mármore de Carrara.
As primeiras civilizacións que se estableceron na zona utilizaron este material. Está presente nalgunhas partes da Muralla e no asentamento castrexo de Viladonga.
Esta rocha singular explótase hoxe en día nos concellos de Pol e Bretoña para o seu uso no revestimento de fachadas e conta cunha grande aceptación a nivel mesmo internacional. A figura de Rocha Patrimonio da Humanidade pretende salvagardar o patrimonio histórico e cultural das edificacións realizadas con estes minerais.