Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Limia sementará un 20 % menos de pataca

A Limia sementará un 20 % menos de pataca

O motivo é a dificultade para conseguir semente certificada en toda Europa

G24.gal 04/03/2024 21:12 Última actualización 04/03/2024 21:30

Víctor xa recibiu parte da pataca que vai sementar este ano; conseguila non foi doado.

ctor Cabido, pataqueiro da Limia: "Moita escaseza de semente debido á pouca certificación que houbo internacionalmente e o prezo da pataca que fixo que fose máis rendible destinala a consumo que á produción de semente, entón hai moi pouca".

As altas temperaturas axudaron á proliferación do pulgón e das enfermidades por boa parte de Europa, nos países produtores de semente.

Servando Álvarez, técnico do INORDE: "Cada vez están máis limitados no uso de fitosanitarios, iso fai que os produtores de semente, ante o risco de perder a colleita, decidisen vendela para consumo que ademais tiña bo prezo."

Pouca pataca para semente, e a que hai ten un calibre máis grande do habitual. Isto unido ao prezo, que nalgunha variedade mesmo chegou a dobrar o do ano pasado, na Limia estiman que este ano se vai sementar un 20 % menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade