Publicador de contidos
Publicador de contidos

A investigación apunta a que o menor morto en Xetafe tomou cocaína voluntariamente

A investigación apunta a que o menor morto en Xetafe tomou cocaína voluntariamente

Á espera de coñecer o resultado da autopsia e das probas toxicolóxicas, os esforzos da policía céntranse en buscar a persoa que lles vendeu droga aos menores

Vista exterior da estación de metro onde se produciu o falecemento do menor (EFE) Vista exterior da estación de metro onde se produciu o falecemento do menor (EFE)
G24.gal 21/02/2024 12:25

A investigación da Policía Nacional sobre o falecemento dun rapaz de 14 anos en Xetafe apunta a que consumiu cocaína de forma voluntaria, xa que non atoparon indicios que faga presumir que alguén lle dese a droga sen o seu coñecemento.

Os axentes de Policía Xudicial de Xetafe céntranse, entre outras pescudas, en atopar a persoa que vendeu as substancias estupefacientes ao grupo de mozos, segundo informaron a EFE fontes policiais.

Tamén seguen entrevistándose con familiares e achegados da vítima e revisando as cámaras de seguridade da zona en que supostamente consumiron a cocaína e na que faleceu o menor, xunto á parada de metro dos Espartales.

Á espera de coñecer os resultados da autopsia e do informe toxicolóxico, que deberá dar detalles acerca de que substancia consumiu e en que cantidades, as pescudas apuntan a que era cocaína a droga que posuía o grupo de mozos.

Os investigadores, a partir dos testemuños solicitados, manexan como principal hipótese que o falecido consumise os estupefacientes de forma voluntaria.

Non atoparon nin un só indicio que apunte a que, como transcendeu nun principio, alguén lle dese droga -especulouse que cocaína rosa, coñecida como tusi- sen o seu consentimento.

Por iso, sen prexuízo de que xurdan probas que o contradigan, de momento descartan que poida tratarse dun homicidio.

Sobre as once da noite do pasado venres o menor, de 14 anos e nacionalidade española, atopábase xunto a un grupo de amigos nas inmediacións da parada de metro dos Espartales cando perdeu o coñecemento.

O mozo entrou en parada cardiorrespiratoria e os sanitarios do Summa 112, a pesar de practicar manobras de reanimación, tan só puideron confirmar o seu falecemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade