Publicador de contidos
Publicador de contidos

A internacional Paula Ginzo reforza o xogo interior do Ensino

A internacional Paula Ginzo reforza o xogo interior do Ensino

A xogadora ourensá volve a Galicia logo de xogar en Estudiantes, Al Qazeres e Gernika

G24.gal 17/05/2022 21:32

Fichaxe estelar do Ensino de Lugo para a vindeira temporada. A internacional Paula Ginzo reforzará o xogo interior do equipo lucense. A xogadora ourensá volve a Galicia despois de moitos anos, en que xogou en Estudiantes, Al Qazeres e Gernika, equipo punteiro da Liga Feminina no que militou as últimas campañas. 

Ginzo, formada no equipo de Carmelitas, marchou de Galicia con quince anos. Foi internacional en todas as categorías inferiores da selección española e debutou coa absoluta. Chegou a estar entre as elixidas para o último Eurobásket e quedou ás portas de estar nos Xogo Olímpicos. 

Esta temporada promediou 7'3 puntos e 3'7 rebotes nun equipo que xogou os play off polo título. Os mellores números da súa carreira foron no modesto Al Qazeres, con máis de nove puntos e cinco rebotes por partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade