Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inflación non quere abandonarnos, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A inflación non quere abandonarnos, por Venancio Salcines

G24.gal 17/06/2024 08:00

Cando parecía que estabamos a collerlle o pulo á inflación, esta demóstranos que non vai ser tan fácil domesticala. O índice xeral incrementouse ata o 3,6 %, un 4 % en Galicia. Unha ollada á inflación subxacente non dá máis alegría, dun 2,9 % en abril pasamos a un 3,0 %. É dicir, rompe unha tendencia que nos mostraba taxas pretas dun dous por cento a finais do ano e pasamos a unha situación de máxima incerteza. E se non vemos con claridade unha baixada da inflación, non veremos, no curto prazo, baixadas de xuros; de feito, o Euribor colleu a posición do 3,6 %-3,7 % e cústalle saír deste pequeno garfo.

E que está a pasar? Por un lado, cuestións conxunturais como o arranque da nova tempada de moda primavera-verán, o reaxuste de prezos dunha hostalería e hotelería que espera a maior campaña da historia, mais un incremento dos prezos da electricidade e dos carburantes. Pero unha ollada máis profunda móstranos que temos un mar de fondo que non sabemos cando vai calmar, e este é o dos incrementos salariais froito dunha mellora do mercado do traballo e das actualizacións que se están a facer para compensar a perda de poder adquisitivo dos meses máis duros de inflación.

No marco actual e mentres non vexamos melloras podemos afirmar que o BCE non volverá reducir os xuros e, por tanto, seguiremos mais tempo do desexable cos actuais custos financeiros, tanto falemos dunha familia e da súa hipoteca coma do financiamento empresarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar