Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia baixa de 3.000 en España tras un descenso de 200 puntos na fin de semana

A incidencia baixa de 3.000 en España tras un descenso de 200 puntos na fin de semana

G24.gal 31/01/2022 19:06

O Ministerio de Sanidade rexistrou este luns, con datos achegados polas comunidades autónomas, 182.123 novos casos de coronavirus desde o venres, que elevan a 9.961.253 a cifra total de persoas contaxiadas de covid–19 desde o inicio da pandemia.  

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos catorce días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 2.879,95 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 3.078,47 notificado o venres polo departamento dirixido por Carolina Darias.  

Canto aos falecidos por covid–19, notificáronse 259 e 675 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 93.225 persoas.

Actualmente hai 18.735 pacientes ingresados por covid–19 en toda España e 2.107 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas se produciron 1.857 ingresos e 1.198 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 15,05 por cento e na UCI no 22,28 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar