Seguen baixando os casos activos nunha xornada en que aumentan os ingresos por covid
Descenden os contaxios diarios
Os casos activos continúan descendendo (-2.764) e baixan dos 63.000. En total, hai 62.867 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 4.246 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 13.850 (-515)
Vigo: 18.057 (-804)
Ourense: 6.271 (+311)
Santiago: 9.987 (+441)
Lugo: 6.394 (-297)
Pontevedra: 6.982 (+342)
Ferrol: 3.013 (-54)
En canto á presión hospitalaria, esta aumenta considerablemente en planta, con 25 ingresos máis, e tamén nas UCI, con tres persoas máis. En total, hai 686 persoas hospitalizadas, 642 e 44 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou sete novos decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.939 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos