Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fanse dous anos do primeiro caso de covid–19 en España

Fanse dous anos do primeiro caso de covid–19 en España

Foi un turista alemán quen supostamente chegou a España xa contaxiado tras estar en contacto cunha cidadá chinesa

G24.gal 31/01/2022 16:52

Este luns fixo dous anos do primeiro caso oficial de covid–19 en España. Foi na illa da Gomera. Foi un turista alemán quen supostamente chegou a España xa contaxiado tras estar en contacto cunha cidadá chinesa.

Na Gomera estaban cinco turistas alemáns, que rapidamente foron confinados nun hospital da illa. Dende aquela, España está preto dos dez millóns de casos, case 93.000 falecidos, agora tentando superar a sexta vaga.

Nestes dous anos tamén a ciencia conseguiu pór en marcha unhas vacinas que van atenuando os efectos do virus e nos permiten ver o final do túnel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade