Publicador de contidos
Publicador de contidos

A incerteza lastrará o crecemento da economía española, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A incerteza lastrará o crecemento da economía española, por Venancio Salcines

G24.gal 18/03/2024 08:13

Os empresarios, de acordo co informe Perspectivas España 2024, feito entre a consultora KMPG e a CEOE, pensan que van incrementar a súa facturación, un 71 %; investir máis, un 53 %, e ampliar os seus cadros, un 40 %. Bos datos, sen dubida ningunha, pero a pregunta ten que ser: podían ser mellores? E se non é así, por que?

A inestabilidade política, que tamén é regulatoria, é, agora mesmo, o que alimenta o mapa de riscos da economía española. O 48 % dos enquisados senten que unha das ameazas é a inseguridade xurídica, o 44 % a incerteza política e o 30 % sente que son os cambios regulatorios.

E tamén teñen claro cales deberían ser as prioridades do ámbito económico para o goberno central, e son a eficiencia do gasto público, un 38 %, un maior esforzo para mitigar os impactos da inflación, un 37 %, e unha maior simplificación administrativa.

Nestes momentos en que España está á cabeza do crecemento da Unión Europea é unha magoa que a inestabilidade política e a coral de voces discordantes que está a acompañala estean a actuar de lastre. E aquí é importante recordar que no momento en que se fixo esta enquisa, a 1.350 empresarios, aínda existía a esperanza de ter uns orzamentos para este ano 24. É evidente, polas declaracións do Presidente Sánchez, que non haberá orzamentos este ano, e isto implica a ausencia dunha folla de ruta clara e diáfana para o noso gasto público. A maiores, veremos dous tipos de actuacións: por un lado, política económica feita a base de decretos lei, o que implica unha morea de negociacións forzadas, e, por último, o lóxico incumprimento dos acordos orzamentarios pactados pola investidura. É dicir, máis incerteza para una sociedade empresarial que demanda a berros máis seguridade, máis estabilidade e unhas regras de xogo claras e entendibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade