Publicador de contidos

Publicador de contidos

A implantación de Altri en Palas de Rei revoluciona a comarca da Ulloa

A implantación de Altri en Palas de Rei revoluciona a comarca da Ulloa

A multinacional portuguesa de fibras téxtiles xerará 2.500 postos de traballo

O proxecto da fábrica supón un investimento de 800 millóns de euros

G24.gal 30/04/2022 14:41

É tema de conversa recorrente en Palas de Rei desde que esta semana transcendeu que Altri prevé situar aquí a súa planta, a única do mundo que integra as unidades de fibras solubles e de fibras téxtiles. Xerará arredor de 2.500 postos de traballo. Levala a cabo afectará a todos os ámbitos sociais e económicos desta vila.

A instalación depende, entre outras cuestións, da dispoñibilidade de terreos. Cóntase cunha parcela que responde ás necesidades e que se estende tamén por Melide e Santiso. 

A empresa portuguesa investirá 800 millóns de euros. O proxecto, bautizado co nome de "Gama", aspira a financiarse cos fondos Next Generation.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos