Cargando resultados...
A Guarda, finalista nun concurso organizado por unha coñecida marca de bombóns
Os sectores sociais da vila, entregados co concurso, en que aínda se pode votar
G24.gal
25/11/2025 14:23
A Guarda é un dos cinco municipios españois para conseguir o premio de iluminación organizado por unha famosa marca de bombóns. Aínda se pode votar. O recoñecemento xerou unha corrente de alegría e autoestima nesta vila fronteiriza única.
Deitada entre o mar e o río. O seu impresionante e máxico monte Trega, con vistas a Caminha, e un dos castros máis famosos e simbólicos de Galicia.
O seu acolledor porto, fermoso mesmo en inverso e a súa gastronomía de alto impacto son algúns dos reclamos dos que están a votar estes días.
Pero ademais a simpatía e xenerosidade da súa poboación é outro dos grandes valores dun lugar onde te reciben cun sorriso.