Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adeus á goma verde de Milan, icona das xeracións da EXB

Adeus á goma verde de Milan, icona das xeracións da EXB

Logo das reaccións que espertou, a empresa dixo que volverá fabricala se o mercado llo pide

A goma branca e a goma rosa continúan no catálogo

G24.gal 04/01/2022 21:20

Hai xeracións que semellan particularmente apegadas á nostalxia. "Quen volvera e esa época do lapis e o papel! E agora se nos quitan a goma verde, aínda peor".

Código 430, cor verde. Idade: máis de 100 anos. E a empresa catalá Milan anunciou que deixará de fabricala este ano. Preguntamos por ela na librería Refoxos, de Sigüeiro. 

"Só me queda unha. E acabo de saber que a van quitar. Non entendo por que", di Puri, a libreira.

Alegou o fabricante que a goma 430 de cor verde véndese menos ca as outras dúas, a branca e a rosa. Pero na librería Refoxos falan doutros datos. 

"De feito, a que menos se vende quizais sexa a rosa".

Contan que a goma verde xa viña desaparecendo aos poucos dende hai uns anos. 

"Xa era unha goma rara de ver nunha caixa, viñan só dúas ou tres. E nas deste ano, que acabo de mirar por curiosidade, só veñen rosas e brancas".

A goma de sempre, o lapis de sempre e o bolígrafo. Preguntamos se podería estar en perigo este mítico trío da EXB. 

"Non, non. Co lapis Staedtler e co boli BIC non se atreven".

Despois das reaccións nas redes sociais polo adeus á goma verde, Milan dixo que a seguirá fabricando se lla pide o mercado. A nostalxia manda.

E seguimos falando de gomas. "Ulían moi ben. Cando ía ao cole encantábame". Pois ben, hoxe as gomas non poden ulir. Pero aínda podemos usalas. E sempre nos queda a nostalxia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade