Publicador de contidos

Publicador de contidos

CSIF Ensino súmase ao acordo educativo: "Tras abrir a Consellería a porta ao diálogo"

CSIF Ensino súmase ao acordo educativo: "Tras abrir a Consellería a porta ao diálogo"

O sindicato sinala nun comunicado que a adhesión non é un cheque en branco e que abandonará o acordo e reactivará as mobilizacións se a Consellería non cumpre o pactado

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a portavoz de CSIF Ensino, Rosa Silva (Mónica Arcay) O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a portavoz de CSIF Ensino, Rosa Silva (Mónica Arcay)
G24.gal 09/12/2025 12:14

CSIF Ensino adheriuse este martes ao acordo sobre medidas para mellorar o sistema educativo e as condicións laborais do profesorado: "Tras abrir a Consellería a porta ao diálogo".

O sindicato sinala nun comunicado que a adhesión non é un cheque en branco e que abandonará o acordo e reactivará as mobilizacións se a Consellería non cumpre o pactado.

O conselleiro Román Rodríguez e a presidenta autonómica do sector de Educación, Rosa Silva, asinaron esta mañá a adhesión do sindicato CSIF ao acordo con Educación.

CSIF Ensino informa de que a adhesión ao acordo é unha decisión que adopta por un exercicio de responsabilidade, tras constatar unha maior disposición da Consellería para avanzar no estudo das melloras aínda pendentes a través da vía negociadora.

A central sindical explica que ata o de agora non asinara o acordo por consideralo insuficiente en aspectos clave, como a redución horaria, a atención á diversidade, a diminución da burocracia, os cocientes ou as retribucións, e porque moitas destas melloras non se aplicaban ao conxunto dos niveis educativos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade