Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dobre vitoria galega na xornada da Liga Feminina de baloncesto

Dobre vitoria galega na xornada da Liga Feminina de baloncesto

O Ensino venceu na pista do Araski (55-71) e achégase ao play off

O Baxi Ferrol impúxose na Malata ao Cadí La seu (73-69)

Foto: Araski
G24.gal 01/02/2026 12:55

Tamén o Durán Maquinaria Ensino se achega ao seu obxectivo: a clasificación para o play off polo título. Venceron o Araski en Mendizorroza nun partido que se resolveu no derradeiro cuarto, cando as galegas engacncharon un parcial de 8-20, lideradas por Fequiere e Haidara, 15 puntos e 16 de valoración, a máxima anotadora e máis destacada do partido. O Ensino suma a décima vitoria.

Con nove queda o Baxi Ferrol tras gañar o Cadí la Seu na Malata. Só oito xogadoras disputaron minutos, Sotolova estivo todo o partido na cancha e con 20 puntos converteuse na referente do conxunto ferrolán. As de Lino López son oitavas, cunha vitoria de vantaxe sobre o noveno, cunha vitoria de vantaxe sobre o play off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade