Carlos Alcaraz gaña o Open de Australia
O murciano derrota a Djokovic por 2-6, 6-2, 6-3 e 7-5
Alcaraz comezou mal, nervioso, pero soubo sobrepoñerse
Con este título, xa é o tenista máis novo en lograr o Grand Slam
Carlos Alcaraz conseguiu gañar o grande que lle faltaba, Australia. Este domingo logrouno ante unha lenda como Djokovic e en catro sets: 2-6, 6-2, 6-3 e 7-5. Con este triunfo Alcaraz convértese no tenista máis novo en gañar os catro grandes; Wimblendon, Roland Garros, Open Usa e Australia.
Mais a xesta de Alcaraz arrancou mal. Porque malo foi o seu primeiro set, dominado polos nervios e pola traxectoria nun torneo que se lle adoita torcer. Djokovic gañou con claridade esta manga, cun tenis cheo de precisión e potencia. 2-6.
No segundo, Alcaraz comezou sacarse a presión, comezou a correr e a pegar con máis soltura. Sen unha táctica clara, pero entrou na loita polo partido. A elo axudou moito o baixón de Djokovic, máis apagado que na manga anterior. Alcaraz aproveitouno para levalo por 6-2.
O terceiro foi clave. Porque o tenis do español seguía a mellorar, como a súa confianza. E aí volveu tamén o mellor de Djokovic. O set resultou unha batalla titánica que Djokovic aguantou cunha enerxía impropia de alguén da súa idade. Alcaraz encontrou vantaxe na súa dereita, buscándolle o ángulo cara a súa dereita ao serbio, obrigándolle a pegala en carreira, e por ese pequeno detalle apañou a manga. 6-3.
E no cuarto houbo de todo. Porque primeiro pareceu desfalecer, desanimarse, Djokovic. Pareceu na man de Carlos. Pero logo rexurdiu o serbio que empatou a catro e mesmo tivo pola de break para o 4-5. Desaproveitouna. E Alcaraz deulle outra volta para acabar por levalo por 7-5. Unha noria de emocións para pechar o primeiro Open de Australia que gaña Carlos Alcaraz.