Publicador de contidos

Publicador de contidos

España quere dar o primeiro paso cara a segunda estrela mundial

España quere dar o primeiro paso cara a segunda estrela mundial

Debuta este luns no Grupo H diante da feble Cabo Verde que xogará o seu primeiro partido nunha cita mundialista

G24.gal 14/06/2026 21:03

O primeiro paso cara a segunda estrela de campioa do mundo para España darao este luns, 15 de xuño, diante de Cabo Verde. Un duelo no que dúas figuras fundamentais como Yamal e Williams poderían ter minutos desde o banco despois de superar as lesións. Os dous adestran co grupo pero a idea é non correr ningún risco.

España chega como campioa de Europa e entre as favoritas. Pero desde que acadou esa estrela en Suráfrica 2010 non logrou pasar ningunha eliminatoria.  En Brasil 2014 foi eliminada na fase de grupos e en Rusia'18 e Qatar'22 quedou eliminada en oitavos diante de Rusia e Marrocos respectivamente. Esa pedra que ten encima a selección é a que agarda sacar nos Estados Unidos. 

De inicio semella que serán Ferrán Torres e Álex Baena os encargados de suplir a Yamal e Williams nos extremos. Enfronte terán unha selección de Cabo Verde que se cita coa historia. É o rival máis feble do Grupo H e o máis inexperto pois debutará nunha cita mundialista. O pequeno arquipélago africano, con pouco máis de 500.000 habitantes, prepárase para facer realidade un soño. 

Aliñacións probables. 

España: Unai Simón: Marcos Llorente, Cubarsí, Laporte, Cucurella; Rodri, Pedri, Fabián; Ferran Torres, Oyarzabal e Álex Baena.

Cabo Verde: Vozinha; Moreira o Wagner Pina, Roberto Lopes, Logan Costa, Diney o Sidny Cabral; Lenini, Duarte; Ryan Mendes, Montero, Jovane Cabral; e Livramento.

Árbitro: Adham Makhadmeh (JOR). Estadio: Atlanta. Hora: 12:00 hora local (18:00 hora española) (16.00 GMT).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade