Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outro recital do Liceo (8-2) deixa a OK Liga a unha soa vitoria

Outro recital do Liceo (8-2) deixa a OK Liga a unha soa vitoria

O equipo coruñés foi moi superior no segundo partido da serie final diante do Igualada e terá tres oportunidades para certificar a súa novena liga de hóckey

G24.gal 14/06/2026 22:32

O Liceo volveu a ser un ciclón diante do Igualada e levou o segundo partido da serie final da OK Liga polo mesmo resultado que o pasado venres: 8-2. Poucos agardaban ao principio da serie unha superioridade tan aplastante pero o xogo do equipo liceísta está sacando da pista a un rival que non atopa o xeito de parar aos de Juan Copa. 

Ao descanso xa estaba sentenciado o segundo partido cun 4-0, goles de Dava Torres, Xaus, Nil Cervera e Nuno Paiva. Na segunda parte Dava e Xaus marcaron un dobrete e levaron o marcador ata o escandaloso 8-2. Agora a serie marcha a terras catalanas onde o Liceo buscará lograr a terceira e definitiva vitoria que lle outorgue o noveno título da OK Liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar