Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo xoga o segundo partido da final da OK Liga ante o Igualada

O Liceo xoga o segundo partido da final da OK Liga ante o Igualada

Os de Juan Copa toman vantaxe na serie ao mellor de 5

Esta tarde (20:30 h G2 e AGalega.gal), segundo partido da final

G24.gal 13/06/2026 09:52

Foi nunha das primeiras xogadas do partido. Acabado de comezar. Este disparo de Nuno Paiva xa adiantaba ao Liceo e avanzaba o que ía ser unha noite ideal.

A cita era crucial para achegar o título da liga á Coruña, e o equipo de Juan Copa foi unha máquina perfecta de destrucción.

O 2 a 0, de Dava Torres, xa no minuto 3. Castigo duro a un Igualada que non estivo á altura, sometido en todo momento. Acusou seguro os seus cinco partidos ante o Barça.

Tivo que parar o partido Marc Muntané e así de anoxado estaba co que vía. E o que lle faltaba por ver.

Un Liceo voraz, no que se exhibe o cairo máis agudo do momento: Bruno Saavedra. O xogador compostelán marcou o terceiro á contra nunha demostración de forza e técnica. 

O cuarto entrou como coitelo en manteiga, cun disparo de Nuno Paiva, que volvía bater a Arnau Martínez na sua noite coruñesa a esquecer.

Terán pesadelos con Bruno Saavedra. Porque lles marcou ata en desequilibrio. E non só polos seus goles, que leva 9 nas eliminatorias polo título, senón pola súa fame e ambición.

Para mostra o sexto gol do Liceo. Aínda antes do descanso. Bruno Saavedra perdeu a bola ante a presión rival. Pero sae tralo ladrón como un can de presa. Persegue, acosa e morde. Limpamente, recupera a bola e todo Riazor sabe que o desquite vai culminar co gol. Marcouno Cesar Carballeira. Honrando o escudo do que quere despedirse pola porta grande, antes de iniciar a súa etapa portuguesa.

Non houbo cor no partido. No Igualada só falaban os xogaores intentando evadirse da crise.

Na segunda parte o Liceo fixo dúas concesións ao equipo catalán, para o seu xogador mais en forma Biel Llanes. Pero tamén marcou dous goles máis ata o 8 a 2 final.

Primeiro golpe na mesa do favorito ao título. Pero precisa dúas vitorias máis. Intentarán reeditar a imaxe esta tarde de novo na casa, ante una Igualada, que chegará danado pero, ollo, máis descansado. 

Intensidade á que se lle suman os amperes da bancada do pazo. Corrente contínua que repetirá mañá para intenar meter nas maletas con dúas vitorias antes da cita dobre en Igualada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade